Liñas de apoio e financiamento

LIÑAS DE APOIO QUE OFRECERÁ A FUNDACIÓN

Trabállase en diferentes liñas de apoio e financiamento aos proxectos sempre tendo en conta as necesidades en cada caso. Valorarase a posibilidade de xerar novas liñas de apoio e/ou financiamento se un proxecto así o require. Aínda así, de inicio pódense detallar as seguintes categorías:

  • Subvencións a fondo perdido

Esta liña destinarase a subvencionar unha parte dos proxectos que cumpren os criterios e ámbitos de actuación da Fundación se se valora que o proxecto é adecuado para recibir esta liña de apoio. Pódense establecer uns máximos ou mínimos a subvencionar.

  • Empréstitos sen xuro a devolver

Proxectos que cumpren os criterios e ámbitos de actuación da Fundación de creación e posta en marcha de novos proxectos sociais, baixo a fórmula de empresas sociais e cooperativas nadas desde a cidadanía. Esta liña de apoio é un empréstito no que se devolve o principal do importe, mais sen ningún tipo de xuro. O importe dos empréstitos, así como os prazos de devolución fíxanse en función de cada proxecto. A garantía que se pedirá nestes proxectos basearase en esencia nos avais mancomunados.

  • Bonificacións de xuro dos empréstitos de entidades financeiras éticas

Proxectos que cumpren os criterios e ámbitos de actuación da Fundación, aos que se subvencionará o pagamento da totalidade, ou unha porcentaxe a estipular, do tipo de xuro do empréstito que unha entidade solicite a Coop57 ou outras entidades do sistema de finanzas éticas e solidarias.

  • Compartillar riscos – Aval

Proxectos que cumpren os criterios e ámbitos de actuación da Fundación, aos que se podería avalar un 50% do financiamento que unha entidade solicitase a unha entidade financeira ética e solidaria. É dicir, a Fundación non desembolsará o capital senón que avalará e compartirá riscos coa entidade financeira da economía social e solidaria.

  • Acompañamento a proxectos

Destinarase unha liña de apoio a financiar o acompañamento económico das entidades de nova creación para axudar a definir e dimensionar a viabilidade dos proxectos e consolidar a súa traxectoria durante os tres primeiros anos de funcionamento.

 

Con tal de aplicar algunha destas liñas de apoio e/ou financiamento, os proxectos seleccionados deberán responder aos criterios de selección de proxectos que a Fundación Coop57 estipulou.

Pódelos ver aquí:

Criterios de selección de proxectos