Criterios de selección de proxectos

CARACTERÍSTICAS A CONSIDERAR DOS PROXECTOS

A Fundación financiará proxectos sociais, que se caracterizarán polo seu carácter colectivo, o seu desenvolvemento baixo principios cooperativos e comunitarios, que estean arraigados no territorio e que fomenten a intercooperación, o apoderamento das persoas e a xeración de vínculo. Neste sentido os criterios a valorar dos proxectos sociais son:

  • Carácter colectivo: Proxectos desenvolvidos por persoas que se organizan baixo figuras xurídicas da economía social e solidaria por exemplo as cooperativas, as fundacións, as asociacións, as sociedades laborais, as empresas de inserción, os centros especiais de ocupación, as sociedades agrarias de transformación e outras entidades singulares que prioricen as persoas e o fin social por diante da maximización do beneficio e fano de forma autónoma, transparente, democrática, participativa, con solidariedade e vínculo comunitario.
  • Arraigamento territorial: Os proxectos financiados terían que demostrar un vínculo co territorio onde actúan e a contorna onde se sitúan.
  • De abaixo a arriba: Esta expresión dinos que se trata dun colectivo de persoas ou unha entidade social arraigados a un territorio, que detectaron unha necesidade ou teñen un proxecto para a mellora da comunidade. Implica, tamén, que a decisión última de participar e levar a cabo o proxecto será das axentes e persoas arraigadas no territorio.
  • Con perspectiva comunitaria: Os proxectos financiados terían que fomentar as relacións e os vínculos con outras entidades sociais, movementos, colectivos ou persoas, arraigadas no territorio, mantendo entre si relacións humanas, económicas, compartindo ideas, valores e culturas. Á vez terían que potenciar a experiencia previa dos Plans Comunitarios e contemplar a figura dos Axentes de Desenvolvemento Local.
  • Que potencie o mercado social: O Mercado social é unha rede de produción, distribución, financiamento e consumo de bens e servizos, e aprendizaxe común, que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios, nun territorio determinado, constituída tanto por entidades da economía social e solidaria como por consumidores/as individuais e colectivas. Neste sentido potenciar o mercado social é intercooperar, é priorizar as nosas necesidades de compra de bens ou servizos elixindo como provedora a unha entidade de economía social e solidaria, a que tamén priorizará as súas compras cos mesmos criterios.
  • Que poña no centro ás persoas, para apoderalas: Valórase de forma prioritaria as opcións que ofrecen novas oportunidades a persoas vulneradas, para que estas sexan protagonistas dos procesos transformadores que se inicien.
  • Complementariedade coa administración local: A administración local pode ser unha aliada, e de forma eventual ter un papel de acompañante e facilitadora do proxecto naqueles ámbitos da súa competencia nos que poida facelo. Como mínimo debería estar ao corrente da iniciativa, e tamén podería participar na avaliación da acción realizada e proporcionar a información e coordinación necesaria coa finalidade de optimizar as persoas e recursos económicos públicos e privados. O óptimo sería que a administración local se involucrara no cofinanciamento do proxecto.
  • Replicábeis: Adquiren importancia ou interese especial aqueles proxectos innovadores que pode ser reproducidos noutros territorios ou con outros grupos sociais, pola información, métodos, instrumentos e modelos que se especifican e se poñen ao alcance doutras iniciativas, que impulsen novas formas e xeren novos modelos de intervención.
  • Novos: Cando falamos de proxectos novos facemos referencia a proxectos que aínda non se iniciaron ou proxectos que apenas levan poucos anos funcionando.

 

Estes criterios que se terán en conta para seleccionar os proxectos, traduciranse nunhas línias concretas de soporte e/ou financiamento. Pódelas consultar aquí:

Liñas de apoio e financiamento