Os obxectivos

O obxectivo principal da Fundación Coop57 é poder crear un mecanismo para vehicular recursos a iniciativas para desenvolver e fomentar un novo modelo económico baseado nas persoas e non no capital.

De forma máis detallada os obxectivos da Fundación Coop57 son:

  • A promoción e difusión de novos proxectos da economía social e solidaria, a promoción do mercado social, o comercio xusto e a prestación de servizos á persoa e á comunidade mediante a realización de actividades de creación de ocupación estábel con formatos colectivos, proxectos de acción social ou ambiental, así como a formación entre a cidadanía de todos os aspectos relativos á economía social e solidaria.
  • A realización de operacións de apoio financeiro a iniciativas de economía social e solidaria incluíndo novas experiencias, con proxectos de alto interese social e economicamente viábeis. Este apoio financeiro pode tomar diferentes formas, tales como achegas a fondo perdido, avais, bonificación de xuros, etc. Entre estas operacións quedarán incluídas as que impulsen actividades que poidan levar a cabo as socias de Coop57.
  • Ofrecer apoio a entidades mediante instrumentos formativos e organizativos como a formación e/ou o acompañamento de proxectos, que poderán levar a cabo de forma directa ou con outras entidades, potenciando así a actividade en rede e o fortalecemento da economía social e solidaria.