Órganos de goberno

Un dos principios de funcionamento da Fundación de Coop57 é que sexa unha ferramenta baixo control democrático por parte da cooperativa Coop57 e por tanto, do conxunto das súas socias e da súa asemblea xeral. Isto trasládase tanto ao órgano de goberno da Fundación, o Padroado, como a estrutura profesional da mesma.

O Padroado:

O Padroado da Fundación de Coop57 está formado por membros do Consello Reitor de Coop57 e daquela, baixo control democrático da Asemblea Xeral de Coop57.

As características esenciais do Padroado da Fundación son:

  • As persoas que compoñen o Padroado serán designadas pola fundadora, a cooperativa Coop57, na Asemblea Xeral da mesma, de entre as integrantes do seu Consello Reitor.
  • Renovarase ao mesmo tempo que se realicen as renovacións do Consello Reitor da cooperativa Coop57.
  • Os mandatos son de catro anos renovábeis cada dous.

Estrutura profesional:

  • En ningún caso a Fundación disporá de estrutura de xestión remunerada.
  • A estrutura profesional da cooperativa Coop57 facilitará o apoio necesario á Fundación porque poida levar a cabo o seu obxecto social.
  • Para levar a cabo a súa actividade, a fundación e a cooperativa acordan que as Comisións Sociais e as Comisións Técnicas da cooperativa Coop57 interveñan nas operacións da Fundación nos mesmos termos que na Cooperativa.