Somos Coop57. Máis Coop57 aínda.

A Fundación naceu en 2014 despois dun longo e fértil debate no seo da cooperativa sobre a necesidade, operatividade e viabilidade dunha fundación de carácter privado, pero atendendo tamén ás limitacións que tiña a cooperativa para dar resposta a novas necesidades sociais e financeiras da economía cooperativa.

Buscar novas solucións para cada nova necesidade, esta é a base da filosofía da Coop57.

Poder chegar onde non chegabamos como cooperativa, desde unha fundación nada como unha ferramenta en paralelo, complementaria e adicional á tarefa de Coop57. A fundación é abordada desde a mesma intersección; cooperativismo, finanzas éticas e economía social. Así mesmo, conta con exactamente os mesmos obxectivos: a transformación social, o fomento do feito cooperativo e a incorporación de novos protagonismos á economía social e solidaria. Hoxe desde unha perspectiva nitidamente post-capitalista, feminista, ecoloxista e antirracista busca dar respostas ás urxencias e emerxencias do mundo dos nosos días. A Fundación tamén pretende anticiparse aos retos do futuro, detectar baleiros non cubertos e innovar no horizonte da plena democracia política, social e económica.