«Dádeme posibles, que se non me afogo»
Outra forma de “fundacionar” é posible.
Isto diciámonolo e nolo decimos. O debate sobre o papel da Fundación ocupounos moitas horas compartidas de traballo e deliberación, especialmente sobre o encaixe na tarefa xeral de Coop57, que se sintetizou na ‘teoría do baleiro’: encher de propostas e proxectos aquelas esferas onde non estabamos a chegar. Aprendendo das experiencias das últimas dúas décadas de economía social e cooperativa (dos seus potenciais, os seus límites e os seus retos), prestando atención e escoitando aos movementos sociais e conectados coas iniciativas que en todo o mundo constrúen alternativas cotiás, a Fundación traballa en rede, desde a propia base social do Coop57 e tecendo novas complicidades para a transformación social e económica.
A Fundación réxese dobremente polos principios cooperativos da Alianza Cooperativa Internacional (ACI) (adhesión libre e voluntaria, control democrático, participación económica e social, autonomía e independencia, educación e formación, intercooperación, compromiso coa comunidade) e polos principios universais das finanzas éticas (ética aplicada, participación, coherencia, transparencia e implicación).