
Fundación

cooperativa, social
e solidaria

Ecoloxia
e Antirracismo
Por unha economía cooperativa, social e solidaria
Campañas
Portas afora, as catro liñas principais de intervención, nadas do traballo embrionario desenvolvido os últimos anos, céntranse na xustiza social e a transición ecolóxica: serán a loita contra as desigualdades sociais, a loita contra a precariedade laboral e a exclusión sindical, a loita pola necesaria transformación ecolóxica e enerxética e a revitalización do mundo rural. Todos os ámbitos de traballo quedan atravesados por unhas prioridades fixadas que terán carácter transversal: antirracismo, feminismos, ecoloxismo e incorporación de novos axentes, habitualmente excluídos ou desprazados, á Economía Social e Solidaria.
Portas adentro, a Fundación ten tamén retos importantes: de garantir a autoxestión financeira cunha base social sólida e estable –2020 terá unha campaña para acoller novas socias– a vertebrar un modelo de gobernanza áxil, dinámico e útil, coa implicación de todas as Seccións Territoriais de Coop57. Ademais, a Fundación fará un esforzo comunicativo adicional e empezará a definir o ámbito de pensamento, reflexión e difusión de alternativas colectivas á deriva do actual modelo capitalista, depredador e patriarcal.
A pinga fura a pedra, non pola súa forza, senón pola súa constancia
Ovidi
Que estamos a facer?
As desigualdades sociais, en todas as súas dimensións, non pairan de crecer, cronificarse e agudizarse, consolidando realidades sociais cada vez máis inxustas e polarizadas nun contexto de capitalismo neoliberal que precariza, segrega e exclúe. Na Fundación Coop57 traballamos por novos camiños cooperativos, sociais e comunitarios que superen marcos asistenciais e paliativos e que, coa participación directa das persoas afectadas e de abaixo cara arriba, xeren proxectos emancipadores e transformadores que sitúen as persoas e a vida digna no centro.
A pobreza asalariada, afecta o 16% das traballadoras de Cataluña (575.000 persoas), ademais, a vulneración de dereitos laborais e sindicais básicos e a desvalorización extrema das condicións de traballo está presente en moitos sectores produtivos. Na Fundación Coop57 traballamos para promover as loitas obreiras autónomas e apoiamos as loitas laborais de colectivos precarizados activando a complicidade dos movementos sociais.
Ante a crise evidente que vive o mundo rural; entre o despoboamento e o abandono, entre o desequilibrio e o éxodo, entre o deixamento e o esquecemento e a agudización das desigualdades centre-periferia pobreza. A Fundación Coop 57 considera un ámbito fundamental de traballo o futuro do medio rural, da alimentación e da agricultura, baixo os criterios da soberanía alimentaria, a economía cooperativa, a xustiza ambiental, os dereitos sociais e a defensa da biodiversidade.
Nun contexto de extralimitación ecolóxica, de colapso enerxético e do esgotamento dos combustibles fósiles –“peak oil”. A transición enerxética –de como se faga e quen a faga dependerá o resultado– convértese nun factor crave de presente e de futuro. Desde a Fundación Coop 57 queremos traballar para garantir un mundo habitable, vivible e sustentable desde a premisa crave que somos ecodependentes e somos interdependentes.
Últimas noticias
25 ANOS DE COOP57