«Deixei de aceptar as cousas que non podo cambiar. Estou a cambiar as cousas que non podo aceptar»

Estes son os ámbitos nos que traballa a Fundación
Promoción e difusión
De novos proxectos da economía social e solidaria, mediante instrumentos de apoio, formativos e organizativos como a formación e/ou o acompañamento, potenciando así a actividade en rede, o mercado social, a creación de ocupación estable con formatos colectivos, e o fortalecemento da economía social e solidaria.
Realización
A realización de operacións de apoio financeiro a iniciativas de economía social e solidaria incluíndo novas experiencias, con proxectos de alto interese social e economicamente viables. Este apoio financeiro pode tomar diferentes formas, por exemplo achegas a fondo perdido, avais, bonificación de intereses, etc.
Reflexión
Sobre o papel da economía social, o cooperativismo e as finanzas na transformación social das nosas realidades. A Fundación tamén ten por obxecto pensar e repensar desde unha perspectiva post-capitalista, feminista, antirracista e ecoloxista. A través do proxecto ‘ENSEMS’ queremos abrir espazos de reflexión e autocrítica e como laboratorio dos retos de futuro que aínda nos quedan para construír. Porque tanto importante son as respostas como as preguntas. Elas son interdependentes.