A Fundación establece criterios propios de trazabilidade na orixe e o destino dos fondos económicos propios, baixo os principios das finanzas éticas, sociais e solidarias.

No caso da orixe, quedan completamente excluídas as que teñan a súa orixe en:

  • A produción e venda de armamento e as prácticas económicas que denigren ás persoas e que potencien os xogos e casinos.
  • O apoio a réximes políticos ditatoriais.
  • A utilización de man de obra infantil, violación das normas de seguridade e saúde no traballo, realización de expedientes de redución de persoal inxustificados, carencia de normas de igualdade de acceso a postos de traballo ou de conciliación da vida persoal e laboral.
  • A destrución do medio ambiente, contaminación do chan, auga, o aire, produción e distribución de pesticidas, produción de enerxía nuclear, etc
  • A experimentación con animais
  • A especulación financeira e a utilización de paraísos fiscais.
  • Agricultura intensiva, biotecnoloxía e manipulación xenética.
  • O uso de madeira tropical como materia prima ou a talla de bosques tropicais.
  • Un comportamento comercial e publicitario tendencioso, e mediante a manipulación dos consumidores.
  • Calquera modo de clientelismo político e corrupción.
  • Os monopolios económicos.

Ao mesmo tempo, o destino dos fondos económicos da Fundación só poden ter por obxecto os fins sociais para a cal foi creada, cos seguintes criterios positivos:

  • A creación de emprego estable e de calidade, con especial preferencia polas cooperativas, entidades de economía social e solidaria e empresas e iniciativas de inserción laboral de colectivos en dificultades.
  • A produción de bens e a prestación de servizos de calidade e a prezos alcanzables, primando no posible a utilización de materiais naturais ou da menor elaboración.
  • A articulación de mercados sociais e de modelos económicos baseados na intercooperación e as prácticas da economía solidaria.
  • A prestación de servizos de calidade e outras axudas a persoas con diversidade funcional.
  • A conservación e reprodución da enerxía mediante a utilización de fontes sustentables e non contaminantes ou a realización de actividades que potencien aquelas, como a rehabilitación de vivendas utilizando criterios de sustentabilidade e aforro enerxético.
  • A reciclaxe de materiais e produtos, así como do seu empaquetado e a minimización de residuos.
  • A redución dos procesos de distribución, en especial do transporta a longas distancias.
  • A adopción de políticas ambientais e apoio a iniciativas sociais.
  • Iniciativas a favor do desenvolvemento local.
  • A igualdade de oportunidades de xénero nas súas actividades de produción de bens e prestación de servizos.
  • A transparencia na xestión económica e financeira.
  • As relacións internacionais transformadoras, baseadas na colaboración horizontal, coas áreas económica e socialmente precarias de calquera localización xeográfica.
  • As accións que conduzan ao empoderamento das minorías desfavorecidas residentes no Estado español.

Si continues navegant per aquest lloc web, acceptes utilitzar les galetes. Més informació.

La configuració de les galetes d'aquesta web està definida com a "permet galetes" per poder oferir-te una millor experiència de navegació. Si continues utilitzant aquest lloc web sense canviar la configuració de galetes o bé cliques a "Acceptar" entendrem que hi estàs d'acord.

Tanca