«Contra a orde caníbal do mundo»


As desigualdades sociais, en todas as súas dimensións, non pairan de crecer, cronificarse e agudizarse, consolidando realidades sociais cada vez máis inxustas e polarizadas nun contexto de capitalismo neoliberal que precariza, segrega e exclúe. Se facer o mesmo e esperar resultados diferentes é inútil, entón fan falta de maneira urxente novos instrumentos cooperativos e dispositivos sociais comunitarios que superen marcos asistenciais e paliativos e que, coa participación directa das persoas afectadas e de baixo cara arriba, xeren proxectos emancipatorios e transformadores que sitúan as persoas e a vida digna no centro de todo. A degradación ecolóxica, a depredación social e a regresión ética que o capitalismo acelera en todo o mundo volve constatar que o máis urxente hoxe é a construción de alternativas sólidas e solidarias, cooperativas e compartidas, ecolóxicas e feministas.