Si, sempre hai unha historia. Esta arrinca a mediados dos anos oitenta no medio da crise de desindustrialización do país, o peche de empresas e o crecemento desbocado do paro. Buscábase facer nacer alternativas en tempos de crises, cando non había nin se divisaba ningunha. Coop57, case sen sabelo, nace de quen se implican cando máis fai falta e cando todo é difícil: unha loita obreira concreta, a dos traballadores e traballadoras da antiga Editorial Bruguera que desde 1986 e durante máis de catro anos defenderon o seu posto de traballo, ata que en 1990 o Tribunal Supremo deulles a razón en todos os termos.

Parte das indemnizacións conseguidas (unha parte destinada en Nicaragua, outra ao Sindicato de Obreros del Campo de Andalucía) foron a semente de Coop57, o seu capital social inicial. Desde entón, cun modelo singular de rede e de crecemento sostido e sustentable, é unha realidade consolidada en Cataluña, Aragón, Madrid, Andalucía, Galiza, Euskal Herria e Asturias. Este ano Coop57 cumprirá 25 anos como cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios, con máis de 1.500 proxectos financiados por valor de 70 millóns de euros.

E para poder ir sempre máis aló, creou a Fundación en 2014 con dous obxectivos fundacionais e un en concreto

Artellar un mecanismo de recollida, provisión e dotación de recursos económicos

Artellar un mecanismo complementario de apoio financeiro a iniciativas de economía social e solidaria con carácter transversal, que requiren instrumentos diferentes.

Todo iso coa misión xeral de fortalecer o desenvolvemento da economía social e solidaria e contribuír na loita por unha transformación social que axude a construír unha economía baseada nas persoas e no desenvolvemento xusto e equitativo da nosa contorna.

Si continues navegant per aquest lloc web, acceptes utilitzar les galetes. Més informació.

La configuració de les galetes d'aquesta web està definida com a "permet galetes" per poder oferir-te una millor experiència de navegació. Si continues utilitzant aquest lloc web sense canviar la configuració de galetes o bé cliques a "Acceptar" entendrem que hi estàs d'acord.

Tanca