Fai unha doazón para chegar máis lonxe

A Fundación Coop57 é unha ferramenta democrática e participativa, complementaria ao labor de Coop57. Desde 2015, loita por tecer novas complicidades para a transformación social.

Grazas a centenares de persoas comprometidas podemos manter a nosa independencia financeira. As doazóns dedícanse integramente a proxectos que incorporan novos protagonismos á ESS, cun alto contido social e comunitario, que traballan desde unha perspectiva feminista, ecoloxista e antirracista.

Este ano propuxémonos consolidar e aumentar a nosa forza colectiva. A túa doazón é moi valiosa para a Fundación e queremos contar co teu apoio. Podes facer unha doazón puntal ou regular (anual, trimestral ou mensual).

O contexto social, ambiental e económico actual interpélanos a reaccionar colectivamente de forma que cremos necesario poñer en marcha novas respostas e traballar con aqueles proxectos que loitan contra as desigualdades, a precariedade laboral, promoven a revitalización do mundo rural e impulsan a transición enerxética.

Lembrade que a vosa doazón está suxeita a desgravacións fiscais. E ademais, se sodes unha cooperativa, podedes facelo a través do voso Fondo de Formación e Promoción Cooperativa (FFPC).

Calquera instrumento colectivo, toda ferramenta social compartida, só arraiga e crece se a construímos entre todas.

Grazas polo teu apoio.