10 anos arraigando o que importa
Hai dez anos, Coop57 botou unha semente para poder apoiar non só iniciativas economicamente viables, senón tamén aqueles proxectos que son imprescindibles para transformar a realidade, pero que non encaixan nos modelos de financiamento tradicionais.
Así naceu a Fundación Coop57.
Dende entón, apoiamos proxectos de coidados, iniciativas culturais, comunitarias, de solidariedade internacional; impulsamos a autoxestión de espazos e alternativas que sosteñen a vida á marxe das lóxicas lucrativas.
Agora queremos seguir arraigando. Arraigando comunidade, interdependencia, vidas dignas, autonomía, alternativas que nos permitan proxectar futuros desexables.
Animámoste a continuar nutrindo as raíces que nos sosteñen e nos permiten seguir construíndo xuntas, a través dunha doazón.
Grazas por seguir aí!

