Hai pouco menos dun ano, empezabamos a pensar como iniciar a campaña #GazpachoGitano, onde vos pedimos a vosa confianza e solidariedade para facer posible unha cociña industrial comunitaria no Polígono Sur de Sevilla, o territorio do Estado español máis desigual, empobrecido por décadas de abandono institucional.
Desde Coop57 Andalucía, a Fundación Coop57 e a Asociación Cultural Gitana Vencedores fainos moita ilusión ensinarvos o resultado neste vídeo. Compartirvos que a cociña está xa funcionando, preparando comidas para 70 fogares, sempre poñendo atención na calidade nutricional e con produtos locais. Con horizontalidade, empoderamento, apoio mutuo e esforzo como ingredientes principais.
Este proxecto de cooperativismo e loita contra a exclusión social amosa que se poden construír, desde abaixo, propostas alternativas e empoderadoras. Foi posible co apoio de centenares de persoas e entidades que fostes doantes no micromecenado # GazpachoGitano. Cando vaiades ao Polígono Sur de Sevilla, pasade polo local de Vencedores. estaravos a esperar un gazpacho xitano. Grazas por facer posible este proxecto!